
¿Cal é a finalidade da domótica?
A finalidade da domótica é cubrir e mellorar necesidades dos usuarios, coa axuda das novas tecnoloxías, aplicacións e servizos, como:
- Aumentar a seguridade
- Incrementar o confort
- Mellorar as comunicacións
- Aforrar enerxía, cartos e tempo
- Facilitar o control integral da casa
- Ofrecer novos servizos
¿Que é a domótica?
A Domotica é a integración dos sistemas electro-técnicos no fogar vidos de sectores como a electricidade, a electrónica, a informática, a robótica e as telecomunicacións
¿Qué é a TV Dixital?
É a difusión das sinais de TV que utiliza a máis moderna tecnoloxía.
A TV Dixital revoluciona o concepto que ata agora tense da televisión, cunha gran calidade de imaxe e son, maior poder de participación e interactividade.
Ventaxas da TV dixital
Ten máis
- Novas emisoras
- Maior número de canles
- Novos contenidos e servizos adicionais
É millor
- Perfecta recepción da sinal de TV (Elimina dobres imaxes e interferenzas).
- Calidade de imaxe e son similar ó DVD
- Formato Panorámico 16:9
- Son Dixital Multicanal 5.1
- Versión orixinal, elección de idioma e subtítulos
- Servizos Interactivos e acceso á Sociedade da Información
Máis sinxelo
- Guías electrónicas de programación
- Manexo intuitivo dos servizos interactivos
¿Qué tipos de TV Dixital existen?
Existen 3 modalidades:
- TV Dixital terrenal
- TV Dixital por satélite
- TV Dixital por cable
E de estas tres modalidades, dúas con programación en aberto, que lle ofrecen gran cantidade de programas gratuitos.
• TV Dixital Terrenal: Comenzou as súas emisions en aberto en Abril de 2002 e convivirá coa TV analóxica terrenal ata abril do 2010, data na que as emisións analóxicas desaparecerán. A súa recepción realizase a través das Antenas de TV Terrenal convencional existente nos edificios.
• TV Dixital por Satélite: Ademáis da oferta de TV de pago ofrecida polas plataformas de TV Dixital, conta con canais de TV en aberto e comenzou as súa emisión en España no 1997. A súa recepción realizase a través dunha Antena parabólica.
¿Cómo recibir TV Dixital?
Adaptando a instalación para a TV Dixital Terrenal poderá acceder ós servizos que xa recibe, ós novos programas de TV Dixital xa existentes, e ós programas que se incorporarán no futuro.
Equipos receptores no interior do domicilio
En canto ó equipamiento no fogar requirese, ou ben, un receptor dixital externo (STB) para permitir recibir TV Dixital nun televisor convencional, ou ben, un televisor dixital integrado que permite a súa recepción directa.
En ambolos dous casos, poderá recibir TV Analóxica e Dixital.
Ó adquirir un televisor dixital integrado ou un receptor dixital externo, poderá optar por equipos que incorporen tecnología MHP.
Recepción colectiva de TV do edificio (Antenas)
En canto á instalación para captar, adaptar e distribuir as sinais de TV (Antena Colectiva) son dous os supostos que se poden atopar:
A) Edificios de nova construcción:
Os edificios de nova construcción deben contar cunha Infraestructura Común de Telecomunicacions (ICT).
ICT
A ICT estará proxectada por un enxeñeiro de telecomunicación ou por un enxeñeiro técnico de telecomunicación, e instalada por unha empresa instaladora inscrita no Rexistro de Empresas Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.
A ICT así realizada, e no seu apartado de TV, estará preparada, polo menos para captar (antena), adaptar (cabeceira) e distribuir (cableado) a tódaslas vivendas a sinal de TV Dixital terrenal, e distribuir a sinal de TV Dixital por satélite. Asimesmo disporá das canalizacións necesarias para a TV por cable.
A comunidade de propietarios dun edifico de recente construcción, contará cos seguintes documentos que acreditan a existencia e prestacións da sua ICT.
- Proxecto visado polo Colexio oficial correspondente
- Boletín expedido pola empresa instaladora responsable da execución da instalación
- Certificación emitida polo Enxeñeiro Director de Obra, polo menos, no caso de edificios con máis de 20 vivendas.
- Protocolo de probas coas medicións das instalacións.
B) Edificios habitados, sen ICT:
(image)
En xeral, os edificios construidos con antelación ó 1998, precisan adaptar as súas instalacions para recibir TV Dixital, xa que as súas antenas colectivas deseñaronse únicamente para a recepción de TV Analóxica.
Para adaptar os sistemas de antenas colectivas debese contactar cunha empresa Instaladora de Telecomunicacións inscrita no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións e especialista en instalacións de TV Dixital, de forma que profesionais cualificados poidan realizar as actuacións que a instalación do edifico precise. É aconsellable contemplar o mantemento da instalación.
Os traballos a realizar dependerán de cada instalación concreta, e en calqueira caso, deberán adaptarse ás especificacións técnicas recollidas naa lexislación en materia de ICT.
Estas adaptacións deben realizarse de conformidade co previsto no Real Decreto- Lei 1/98 e na Lei 8/99 da Reforma da Lei de Propiedade Horizontal.
Esixa á empresa instaladora o BOLETIN DE INSTALACIÓN e o seu correspondente PROTOCOLO DE PROBAS, como garantía da instalación.
A adaptación das instalacións da antena colectiva para a TV Dixital, e en particular para TV Dixital terrestre, ademáis permitirán que o periodo de coexistencia coa TV Analóxica mellore a recepción en ambas tecnoloxías, asegurando así unha recepción adecuada dos dous tipos de TV Terrenal.
Non debe esquecer que a TV Dixital é unha tecnoloxía de sustitución e que as actuais emisións analóxicas terrenais desaparecerán, nunha data inicialmente prevista para abril do 2010.
O rexistro de empresas instaladoras de telecomunicacións
O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía creou un Rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicacións no que deben estar inscritas todas as empresas que realicen traballos de instalación e/ou mantemento de equipos de sistemas de telecomunicación.
Exercer a actividade de instalación de Telecomunicacións sen estar a empresa inscrita no rexistro é ilegal.
O boletín de instalación de telecomunicacions
Documento que debe emitir selado e firmado a empresa instaladora e/ou mantedora de equipos de sistemas de Telecomunicacións inscrita no rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicacions.
O boletín é necesario para cualquera reclamación ante os organismos competentes.
Lexislación de referencia
-Real Decreto-Lei 1/98 do 27 de Febreiro de Infraestructuras Comúns nos Edificios para o acceso ós Servizos de Telecomunicacions e as suas normas de desenrrolo.
Conten todos os elementos xurídicos e técnicos que garantizan o acceso ós servizos de telecomunicacións nos edificios, así como as características de ditas instalacións e regula a actividade de instalación de telecomunicacions.
- Lei 8/99 do 6 de Abril, de Reforma da Lei de Propiedade Horizontal. Esta Lei é de aplicación ás comunidades de propietarios e ós complexos inmobiliarios probados, regulando as relacións e procedementos de toma de decisións nestas comunidades.
- Real decreto 2169/98 do 9 de Octubre polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrenal.
¿Que é unha VPN?
Unha Red privada virtual (VPN, Virtual Private Network) é unha rede que ofrece servizos de conectividade de forma segura entre as distintas sedes corporativas distanciadas xeográficamente.
|